CLUB ALPINO OURENSÁN – CLUB ALPINO MANZANEDA
(Aprobado en Asamblea Xeral Extraordinaria 21.12.07)
Artigo 1.- Celebración de eleccións.
1.- Celebraranse eleccións a Presidente do Club Alpino Ourensán – CAM cada catro anos.
Artigo 2.- Convocatoria de eleccións.
1.- O presidente do club convocará Asemblea Xeral Extraordinaria para convocar eleccións a Presidente e aprobación do calendario electoral. A convocatoria de eleccións será realizada polo presidente, observando os mandatos contidos nos estatutos, regulamento e calendario electoral.
2.- A convocatoria de eleccións será notificada a través dun medio que permita asegurar a recepción da notificación e exposta no taboleiro de anuncios na sede do club cun mínimo de 10 días de antelación ao inicio do procedemento, utilizando, se for posible, os medios electrónicos ou informáticos dos que dispoña o club.
3.- A notificación da convocatoria de eleccións deberá conter cantos datos se precisen para o correcto desenvolvemento do proceso electoral, e sinaladamente:
a) Calendario electoral.
b) Lugar, data e hora de celebración dos actos propios do proceso electoral.
c) Lugar de consulta dos censos electorais, garantindo o acceso a súa consulta a todos os socios.
d) Composición e sede da xunta electoral.
4.- Simultaneamente á convocatoria de eleccións, a xunta directiva do Club Alpino Ourensán- Club alpino Manzaneda disolverase constituíndose en comisión xestora, que no poderá adoptar máis que acordos de mera administración e trámite.
Artigo 3.- Xunta electoral
1.- A xunta electoral estará integrada por tres membros titulares, elixido por sorteo na asemblea xeral, entre as persoas que presenten a súa candidatura. Poderá asistir a xunta electoral como secretario de actas un membro da Xunta Directiva con voz e sen voto designado pola asemblea xeral.
O membros da xunta deberán reunir os requisitos seguintes:
a) Ser maior de 18 anos.
b) Non presentarse como candidato a Presidente
2.- No caso de non presentación de candidatos a membros da xunta electoral, o presidente proporalle á asemblea os membros necesarios para completar e que deberán reunir os requisitos definidos no punto anterior.
3.- Actuará como presidente e secretario da xunta electoral o membro de maior e menor idade, respectivamente. As decisións da xunta electoral tomaranse por maioría de votos.
4.- Funcións da xunta electoral:
a) Velar polo axustamento a dereito do proceso electoral.
b) Organizar os procesos das eleccións para presidente segundo o disposto no regulamento electoral.
c) Composición da mesa electoral
d) Aprobar as candidaturas que reúnan os requisitos esixidos, así como o resto da documentación electoral.
e) Expoñer as candidaturas na sede do club.
f) Coñecer e pronunciarse sobre os recursos que se presenten.
g) En xeral, cantas facultades lle sexan atribuídas polo regulamento electoral de aplicación.
h) Custodiar a documentación de todo o proceso electoral ata a súa finalización.
Artigo 4.- Mesa electoral
1.- Na mesa electoral os candidatos poden nomear interventores, entre quen desempeñe a condición de electores, que serán identificados ante a xunta electoral con antelación non inferior a 48 horas do día da celebración das respectivas votacións. A xunta electoral expedirá a correspondente acreditación.
2.- Son competencias da mesa electoral:
−Comprobar a identidade dos votantes.
−Recoller a papeleta de voto e depositala na urna pechada e preparada para os efectos.
−Proceder á contaxe de votos.
−Levantar acta dos votos emitidos, resultados, etc., así como das incidencias e reclamacións se as houber, facendo constar o número de votos obtidos por cada candidato.
3.- A acta será subscrita por todos os membros da mesa electoral, así como polos interventores, se os houber.
Artigo 5.- Sistema de votación.
A votación desenvolverase sen interrupcións durante o horario que se fixe na súa convocatoria. Soamente por causa de forza maior poderán non iniciarse ou interromperse a votación.
En caso de suspensión da votación non se terán en conta os votos emitidos nin se procederá o seu escrutinio. Neste caso, a xunta electoral fixará unha data para a nova votación.
O dereito a votar será acreditado pola inscrición no censo electoral definitivo, para a súa identificación, o elector deberá presentar o seu DNI ou pasaporte, e documento que acredite
Artigo 6.- Voto por correo.
1.- Unicamente se admitirá o voto por correo nas votacións para elección a presidente.
2.- O voto por correo exercerase cando os electores prevexan que na data de celebración das votacións non van poder acudir persoalmente á mesa electoral.
3.- Para exercer o voto por correo previamente deberá e ser solicitado polo interesado á xunta electoral, no prazo que vai desde a publicación do censo provisional ata o día hábil seguinte despois da publicación do censo definitivo.
Recibida pola xunta electoral a solicitude referida no punto anterior, comprobará a inscrición no censo do solicitante e realizará a anotación correspondente no censo, co fin de que o día das votacións non se realice o voto persoalmente e estenderá un certificado autorizando o voto por correo.
4.-Publicada a listaxe definitiva de candidaturas admitidas, enviaráselles aos solicitantes o certificado referido anteriormente, o sobre de votación e unha papeleta que deberá levar a relación definitiva de tódalas candidaturas presentadas ordenadas alfabeticamente.
O elector introducirá a papeleta de voto no sobre da votación e pecharao. A copia do DNI, así como o sobre de votación e o certificado indicado anteriormente introducirase nun sobre dirixido “á mesa electoral que corresponda” e deberá expresar o nome e apelidos do remitente. O sobre remitirase por correo certificado ao lugar que sinale a xunta electoral, quen os custodiará e os entregará á mesa electoral correspondente no momento do peche desta.
Non serán admitidos os sobres que se reciban con posterioridade a data da celebración das eleccións.
Artigo 7.- Elección de presidente.
1.- Poderá presentar candidatura a presidente calquera persoa física de entre os membros da asemblea xeral de pleno dereito en pleno uso dos seus dereitos civís, que non incorrese en ningunha sanción deportiva que o inhabilite e que non estea inhabilitado para o desempeño dun cargo público por sentencia xudicial firme, debendo presentar programa e avalar a presentación da súa candidatura mediante a sinatura de, polo menos, o 5 % dos membros da asamblea xeral.
2.- A presentación de candidaturas para presidente farase na sede do club, dentro dos 5 días hábiles dende o inicio do proceso, mediante escrito dirixido á xunta electoral, facendo constar a condición de membro de pleno dereito da asemblea xeral, xunto cos avais acreditativos da súa candidatura.
3.- Finalizado o prazo de presentación de candidaturas a presidente, a xunta electoral exporá a listaxe provisional de candidatos a presidente garantindo o acceso a súa consulta a todos os socios interesados, podéndose presentar impugnacións a esta no prazo de 2 día hábil. As impugnacións serán resoltas pola xunta electoral no prazo máximo do 1 días hábil seguinte.
A xunta electoral, no seu caso, publicará no día seguinte hábil a lista definitiva de candidatos á presidencia.
4.- Feito público a lista definitiva de candidatos á presidencia e listaxe definitivo do censo procederase a elección de presidente non antes do 2º día hábil seguinte nin despois do 5º día hábil seguinte.
Contra as resolucións da xunta electoral poderá interpoñerse recurso perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.
Artigo 8.- Censo electoral
1.- Poderase participar con voto si se pertence ó club por un período mínimo de dous anos ininterrompidos.
2.- O listaxe do censo exporase no local social os 5 días habiles dende o inicio do proceso electoral, podéndose presentar impugnacións a esta no prazo de 1 día hábil. As impugnacións serán resoltas pola xunta electoral no prazo máximo de 1 día hábil.
3.- A xunta electoral, no seu caso, publicará no día seguinte hábil a lista definitiva do censo.
Artigo 9.- Sistema de votacións para a elección de presidente.
1.- No día e hora fixados na convocatoria correspondente, cumpridos os prazos de presentación e validación de candidaturas e censo electoral, abrirase a mesa electoral no local social.
2.- A continuación procederase á votación, que será secreta.
3.- A xunta electoral determinará o modelo de papeleta. Cada membro da Asemblea só poderá votar a un dos candidatos.
4.- Terminada a votación, a mesa electoral procederá á contaxe de votos e levantará a oportuna acta.
5.- Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría simple dos votos. No caso de que se presentase un só candidato, non se efectuará votación.
6.- Se non se presentase ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas, a comisión xestora administrará o club e convocará e realizará novas eleccións a presidente no prazo máximo de 3 meses.
7.- Transcorridos os prazos de presentación de posibles recursos e resoltos estes, a xunta electoral proclamará presidente ao candidato mais votado.
8.- Unha vez proclamado definitivamente o novo presidente, a comisión xestora deberá poñer a disposición deste no prazo máximo de 5 días hábiles, contados desde a proclamación definitiva, toda a documentación relativa o club.
9.- Tras a súa proclamación, o presidente designará os demais membros da Xunta directiva, debendo comunicarlle a súa composición á Dirección Xeral para o Deporte no prazo máximo de 10 días hábiles, dende o seu nomeamento.
Artigo 10.- Recurso electoral.
1.- Contra os acordos e resolucións da xunta electoral procederá recurso electoral ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva, poñendo fin, as resolucións deste, á vía administrativa.
Están lexitimados para interpoñer este recurso os representantes das candidaturas ou as persoas debidamente afectadas polos acordos da xunta electoral.
2.- Os prazos para formalizar estes recursos serán de dous días hábiles desde o seguinte ó da notificación do acordo expreso da correspondente xunta electoral ou do seguinte a aquel en que rematou o prazo de resolución de reclamacións segundo o calendario electoral.
3.- O escrito de interposición do recurso deberá expresar:
a) Nome, DNI e domicilio da persoa física ou denominación e enderezo social dos entes asociativos interesados, incluíndo neste último caso o nome do seu representante legal.
b) Se é o caso, o nome, DNI e enderezo do representante do interesado, podendo acreditar a súa representación, ademais de polos medios legais procedentes, a través de comparecencia ante a Secretaría do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
c) Lexitimación para interpoñer o recurso.
d) O acto que se recorre e a razón da súa impugnación.
e) As consideracións de feito e de dereito nas que baseen as súas pretensións, así como as propostas de proba que ofrezan en relación con aquelas.
f) As pretensións que deduzan de tales consideracións.
g) Lugar, data e sinatura.
NOTA: Entendese por día hábil, a efectos deste regulamento, os de apertura do local social do club.
Ourense a 21 de decembro de 2007